Monday 29 de April de 2024

Un Auditorio repleto de estudantes con motivo da proxección do documental “O que hai que facer para non ir ao mar”


Un total de 270 rapaces de distintos centros educativos de secundaria do municipio asistiron este mediodía no Auditorio de Riveira á proxección do documental “O que hai que facer para non ir ao mar”, unha revisión da historia do teatro en Galicia na segunda metade do século XX.

A cita, que se enmarca dentro da programación da Mostra de Teatro, contou coa presenza do director do filme, Iago Vázquez –fillo de recordado actor riveirense Tuto Vázquez, quen se prestou amablemente a respostar as preguntas dos estudantes ao final da emisión.

Os centros participantes foron o IES Número 1, Leliadoura, Sagrado Corazón de Castiñeiras e Bayón, ademais de usuarios da asociación Ambar. Tamén estivo a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya.